EN CARTEL: MENCIÑEIROS

SINOPSE


Menciñeiros constitúe un esforzo máis na aposta da compañía Volta e Dálle por recuperar para o teatro o patrimonio cultural galego. E faino desta volta outorgándolle o protagonistmo escénico a unha das figuras máis interesantes do imaxinario tradicional do noso país: os menciñeiros ou curandeiros.

Baseado en Escola de menciñeiros, do autor mindoniense Álvaro Cunqueiro, esta nova peza de Volta e Dálle ofrécenos unha aproximación dramática a este mundo cun dobre obxectivo: preservar e dar coñecer a cultura e os saberes do curandeiros e divulgar a obra deste autor, do que en 2011 se celebra o centenario do seu nacemento.

O lugar da representación é o adro dunha igrexa, o momento é o serán. A acción arrinca entre o paseo e a parola, desculpa para que comece a aparecer ou a evocarse sobre as táboas os menciñeiros retratados por Cunqueiro. Os encargados de darlles vida a estas figuras son Pepe Penabade, Mini e Mero, tres vellos menciñeiros que ven a fin do seu tempo pero gardan na memoria or recordo de Borrallo da Lagoa, Lamas Vello, Xil da Ribeira ou Silva da Posta. Menciñeiros é un espectáculo vivo, diferente en cada función, respectuoso co texto literario do que parte pero aberto as posibilidades de cada momento da representación e, tamén, cheo de música e baile.


 


 

 

 

 

FICHA ARTÍSTICA: FICHA TÉCNICA: REQUERIMENTOS TÉCNICOS:



Autor orixinal: Álvaro Cunqueiro
Adaptación: Lucho Penabade
Dirección: Lucho Penabade e Comba Campoy
Elenco: Pepe Penabade, Mini e Mero
Música:Mini e Mero
Espazo sonoro e Deseño de Iluminación: Xacobo Castro
Vestiario: María Chenut
Espazo escénico: Pepe Penabade
Deseño gráfico: Xosé Vizoso e Pancho Lapeña
Fotografía: Xoán G. Muras
Produción: Volta e Dálle Teatro
Distribución:Pepe Penabade
Comunicación: Ana Triñanes
- Boca: 8 m.
- Alto: 4,50 m.
- Fondo: 7 m.
- Potencia eleéctrica: 20.000 W (trifásica 380 v con neutro e toma de terra)
 (Posibilidade de adaptación a medidas máis reducidas)