Marzo
12 –> Lugo, Auditorio municipal Gustavo Freire.
Abril
11–> Vedra, Casa da terceira idade.
20 –> Sada, Casa da cultura Pintor Llorente.
27 –> A Coruña, Forum metropolitano.
Maio
9 –> Ames, Casa da cultura do Milladoiro.
18 –> Betanzos, Aula municipal de Cultura.
24 –> Sanxenxo, Pazo Emilia Pardo Bazán.
Xuño
13 –> Ourense, Auditorio municipal.
Xullo
6–> Cea, Festa do Pan.
19–> Ponteceso, Casa de O Couto.
Agosto
1–> Guitiriz,(exterior) Pza. de Guitiriz.
Allariz (exterior) Campo da Feira.
16–> Chantada (exterior) Pza. do Cantón.
19–> Cariño, Casa de cultura.
O verán que agora sabe a praia, sol e calor, noutro tempo (e non hai tanto) sabía a centeo, a trigo, a palla e a po. E Volta e Dálle Teatro recupera a tradición da malla para somerxerse nunha nova produción: Pan.
Dende o 1 de agosto o equipo de Volta e Dálle Teatro está traballando en darlle forma a un espectáculo que se inspira da mesma malla tradicional, trasladando estruturas propias da actividade agraria á produción.
Como cando toda a aldea se xuntaba no verán para mallar, o equipo de malladores de Volta e Dálle, formado por catro autores e directores de escena, unha directora coreográfica, dous músicos en directo e cinco actores e actrices únense durante o verán para sacar adiante Pan.
Pero non agardes ver unha recreación folclórica da malla. Neste espectáculo, esta tradición perdida simboliza a substitución do modo de vida rural, propio dos galegos e das galegas até hai poucas décadas, pola economía capitalista de hábitat urbano. Queremos un espectáculo moderno e vangardista que bota unha ollada con respecto sobre o que fomos e o que estamos a ser.