Actor e escenógrafo de longa traxectoria no panorama teatral galego. De formación autodidacta, realizou numerosos cursos con mestres do talle de Ernesto Caballero,
Manuel Lourenzo, Jango Edwards, John Write ou Helen Rowson.
En 1987 foi un dos fundadores da compañía de teatro Os Quinquilláns, coa que participaría en numerosos espectáculos até 1999. Paralelamente, traballou como
escenógrafo e técnico de escena con compañías coma Os Monicreques de Kukas, Ollomol, Chévere ou Uvegá.
No ano 2000 emprende a súa aventura en solitario coa fundación da compañía Volta e Dálle, na que participa como actor, produtor e escenógrafo
dos espectáculos: Furga garabela!, Rodesindo da Barrosa, Salitre,
Jalisia, mi madriña!, Peccata Minuta, Pan, catro propostas arredor da malla e Menciñeiros.
Compaxina a actividade na súa compañía coa interpretación en distintas
producións para teatro (protagonista de Salomé, de Oscar Wilde co CDG e baixo a dirección de Carlos Santiago), cinema e televisión, entre as que salientan as series
Pepe o inglés, Padre Casares ou Matalobos, ou as películas O bosque de levas, Patahorobi ou Vacas, porcos e zapatos de tacón.
Licenciado en Filoloxía Hispánica, comezou a súa traxectoria profesional no teatro en 1989 coa compañía Os Quinquilláns, da que foi fundador e coa que realizou máis
dunha vintena de espectáculos, entre eles: Danza da meiga no campo da festa (1989) Irmandiños (1998), Gulliver (1999), Os viaxeiros do alén (2006) ou Merlín (2011).
Foi autor tamén de pezas para grupos de teatro amador (Os Paposi, IES de Ames e IES de Sar ou a Compañía de Teatro Vikinga de Catoira).
Dirixiu os espectáculos d’Os Quinquilláns e tamén pezas doutras compañías, coma Peccata minuta de Volta e Dálle ou o acto A malla, da peza Pan, catro propostas
arredor da malla.
O traballo de Lucho Penabade non só se cingue á escritura e á dirección dramática, senón que tamén se extende a enriba das táboas. Así, foi actor en todas as
producións d’Os Quinquilláns, desde Danza da meiga no campo da feira, no 1989, até Arrieiros, no 2009. E realizou tamén traballos en cine, vídeo e televisión: A mariñeira de Quilmas (X. H.
Rivadulla Corcón, 2006) ou Terras de Miranda, Rías Baixas e Libro de Familia para a TVG, entre outras.
Chegou ao mundo da interpretación en 2000 participando na serie de televisión Rías Baixas.
A súa experiencia no teatro iniciouse tres anos despois, ligada á compañía Volta e Dálle, como protagonista do espectáculo Salitre. En 2004 estrea Jalisia, mi
madriña!, con Volta e Dálle e Producións Dedentro, e Peccata minuta. En 2007 formou parte do reparto de Pan, catro propostas sobre a malla, de Volta e Dálle e 2011 asumiu a codirección de
Menciñeiros, da mesma compañía.
Paralelamente á actividade teatral, Comba intervén en varias producións cinematográficas: Días de voda (2001), de Juan Pinzás; Por min e por tódolos meus compañeiros
(2005), de Judas Diz.
Son dous nomes inseparables e sobranceiros da música galega dos últimos corenta anos. En 1972 participan na fundación do grupo musical Fuxan os Ventos e en 1984
cofundan A Quenlla, no que permanecen activos ata o
momento. Ambos compuxeron e arranxaron máis de 60 cancións galegas, coma as bandas sonoras dos filmes Mamasunción e Sempre Xonxa de Chano Piñeiro.
Son autores do libro de folclore de Nadal Galicia canta ó Neno e dos libros de
contido etnográfico e etnomusicolóxico, Contos de vellos para nenos, Somos
lenda viva, Cantares de Cego I e II e A carón da escola I e II.
En 2007 participaron na peza teatral Pan,catro propostas arredor da malla, da compañía Volta e Dálle, como compositores e intérpretes en directo da música do
espectáculo.