Salitre

SINOPSE


Nos oitenta, Marina, que ten 20 anos, emigra xunto cos seus país e deixa na súa vila o amor: Manuel, un mozo mariñeiro da súa idade. O día que parte, a protagonista de Salitre, vai á ribeira recoller auga nunha botella para levala como recordo do mundo que deixa.

Vinte anos despois, nunha maña na que Manuel se ergue para traballar, descobre asombrado e asustado que o mar desapareceu, no seu lugar hai un leito deserto. Manuel entende que o seu mundo, o seu traballo e, en definitiva, o seu xeito de entender a vida, tamén desaparecerán e el non se resiste e, por iso, bota a andar polo leito mariño coa esperanza de atopar o mar nalgures. A tristeza e a melancolía fan que lembre a Marina e decida buscala.

O que atopa Manuel é un monstro de ferro, o monstro que devorou o mar e o destruíu. Agora debe enfrontarse ao monstro e á princesa Leuf, unha muller seductora que pretende convencelo de que esqueza o mar e cambie de vida. Pero o amor de Manuel polo mar é forte e desexa volver ser mariñeiro.

Manuel consegue atopar a Mariña e ela entrégalle a botella con mar que levara había 20 anos. Os dous xuntos volven á vila e verquen o contido da botella no leito deserto do mar, e o conseguen que o renacer do mar.

FICHA ARTÍSTICA: FICHA TÉCNICA: REQUERIMENTOS TÉCNICOS:
Autor e director: X. H. Rivadulla Corcón
Axudante de dirección: María Lado
Elenco: Pepe Penabade e Comba Campoy
Deseño de iluminación: Antonio Simón
Música orixinal: Paco Nogueiras
Voz cantanda: Maite Dono
Gravación de voces: OTO Estudios
Cartaz e máscara: Xosé Vizoso
Fotografía: Xan G. Muras
Vestiario e Maquillaxe: Carmen González
Confección: Xastrería Vilaseco
Técnicos: Pepe Bouzas, María Lado e Lucho Penabade
Produción: Volta e Dálle Teatro
Axudante de produción: Lucho Penabade
Distribución: Pepe Penabade
-    Ancho: 7 m.
-    Fondo: 5 m.
-    Alto: 4 m.
-    Potencia eléctrica: 20.000 v.

(Adaptación a medidas máis reducidas)

Rodesindo da barrosa

SINOPSE

Rodesindo da Barrosa é un espectáculo de rúa que nace no 2002 a partires do éxito da primeira produción de Volta e Dálle, Furga garabela!

O protagonista é un afiador que, en pleno século XXI, percorreo camiños e corrredoiras galegas exercendo a súa profesión: goberna todo tipo de aparellos, capa todo tipo de mamíferos, afía coitelos, tesoiras, navallas... amaña virgos e concencias, cóllelles puntos ás medias, fai ‘piercings’ con arame do Carballliño, etc. Chega á praza ou a un cruce de rúas coa súa roda de afiar e, axudado polo chifre de buxo, fai reclamo á veciñanza e aos feirantes para que lle leven as ferramentas a afiar. Pero o seu labor non queda aí. Mentres afía, Rodesindo, cóntalles ás xentes as aventuras que lle aconteceron no seu deambular polo mundo, coma o caso do penico do frade Francesicano de Betanzos, que tiña pedras no ril e cada vez que mexaba deixábao cheo de buracos.

A filosofia de Rodesindo é que o cliente sempre ten que quedar contento, e por iso proba todos os aparellos que goberna antes de entregarlos. Ademais, aos que non entenden o galego, ou a súa fala, Rodesindo rétaos falándolles o baralleta, alingua propia dos afiadores.

FICHA ARTÍSTICA: FICHA TÉCNICA: REQUERIMENTOS TÉCNICOS:
Autor e director: X. H. Rivadulla Corcón
Elenco: Pepe Penabade

Escenografía e atrezzo: Taller Volta e Dálle
Necesidades técnicas: camerinos ou local con servizos

Fanse 2 pases por xornada, nas horas acordadas coa organización.

Peccata minuta

SINOPSE

Don Casto, bispo do Reino de Galiza, e o seu monaguillo Iscariote chegan á feira co seu confesionario andante, cantando a ladaíña, botando incenso e bendecindo todo canto hai na feira, para redimir os pecañentos.

Pregoa don Casto: “A confesión e o arrepentimento é o único xeito de estar en paz con Deus. Os pecados, queridos fillos, ou se perdoan todos ou non se perdoa ningún. Non caledes ningún pecado por moi miúdo que sexa!”

Despois de “aparcar” o confesionario Don Casto e Iscariote collen do público aos pecadores, axeónllanos diante do confesionario e interróganos sobre a súa vida diaria chea de perversión e luxuria. Dependendo da gravidade dos pecados será ou non necesaria a flaxelación (case sempre é imprescindible). Mentres don Casto pregoa que para que haxa arrepentimento ten que haber dor, Iscariote executa a flaxelación. Consumada ésta, a confesión remata coa absolución.

Emprenden camiño ó longo da feira vendendo reliquias e exvotos que levan no confesionario e adoutrinando aos fieis, vixiando o tamaño dos escotes, o longo dos cabelos, etc.

FICHA ARTÍSTICA: FICHA TÉCNICA: REQUERIMENTOS TÉCNICOS:
Autor e Director: Lucho Penabade
Elenco: Pepe Penabade e Comba Campoy
Escenografía e atrezzo: Taller Volta e Dálle
Necesidades técnicas: camerinos ou local con servizos

(Fanse 2 pases do espectáculo, dunha hora de duración).

Pan

SINOPSE

No remate do verán, os veciños e veciñas das aldeas galegas xuntábanse, para separar o grao da palla, na eira comunitaria. Era o labor e ao tempo a festa, era a malla.

Este é o punto de partida de Pan, catro proposta arredor da malla. Componse de catro historias fiadas a través da danza e da música ao vivo. Volta e Dálle continúa así a súa teima de facer teatro desde a raíz e, desta volta, inclúe a base etnográfica, a malla, que serve de pretexto para abordar un tema universal: as mutacións sociais e culturais que conleva a desaparición da economía tradicional agraria. Mais o resultado non é unha recreación folclórica e nostálxica de tempos idos, senón un espectáculo novidoso e orixinal composto por catro autores diferentes que fían, respectivamente, os catro pasos da malla.

A sementeira
En Manle, unha aldea próxima a Capital e illada por autoestradas, autovías e ferrocarrís, comezan as obras de construción do túnel do novo tren de alta velocidade.

A sega
A madama do cabaret autonómico ten unha língua coma un fouciño, disposta a segar alí onde sexa preciso, mediante unha combinación de humor e ironía que dá lugar a esa actitude nacional chamada retranca.

A malla
Na Seara non quedan máis animais ca os de plástico que constrúe o rapaz. Os tres vellos que viven alí bótanlle unha man para entreter o tempo. Un día reciben a visita sorpresa dunha rapaza da cidade.

O pan
O alimento máis universal é o pretexto poético para falar dos males do individuo na sociedade actual: a soidade, a perda dos valores da colectividade, a incomunicación...

FICHA ARTÍSTICA: FICHA TÉCNICA: REQUERIMENTOS TÉCNICOS:
Texto e dirección de ‘A sementeira’: Nazaret López
Texto e dirección de ‘A sega’: Carlos Santiago
Texto e dirección de ‘A malla’: Lucho Penabade
Texto e dirección de ‘O pan’: X. H. Rivadulla Corcón
Axudante de dirección: Sherezade Bardají
Elenco: Comba Campoy, María Lado, Pepe Penabade, Alfonso Romeo e Luís Iglesia
Música ao vivo: Mini e Mero
Dirección coreográfica: Branca Novoneyra
Deseño de iluminación: Octavio Mas
Espazo sonoro: Xabier Olite e Xurxo Piñeiro
Vestiario: Sherezade Bardají e María Chenut
Escenografía: Pepe Penabade e Pepe Guitián
Técnicos: Octavio Mas e Xacobo Castro
Fotografía: Xan G. Muras
Produción: Eliana Martíns

Menciñeiros

SINOPSE


Menciñeiros constitúe un esforzo máis na aposta da compañía Volta e Dálle por recuperar para o teatro o patrimonio cultural galego. E faino desta volta outorgándolle o protagonistmo escénico a unha das figuras máis interesantes do imaxinario tradicional do noso país: os menciñeiros ou curandeiros.

Baseado en Escola de menciñeiros, do autor mindoniense Álvaro Cunqueiro, esta nova peza de Volta e Dálle ofrécenos unha aproximación dramática a este mundo cun dobre obxectivo: preservar e dar coñecer a cultura e os saberes do curandeiros e divulgar a obra deste autor, do que en 2011 se celebra o centenario do seu nacemento.

O lugar da representación é o adro dunha igrexa, o momento é o serán. A acción arrinca entre o paseo e a parola, desculpa para que comece a aparecer ou a evocarse sobre as táboas os menciñeiros retratados por Cunqueiro. Os encargados de darlles vida a estas figuras son Pepe Penabade, Mini e Mero, tres vellos menciñeiros que ven a fin do seu tempo pero gardan na memoria or recordo de Borrallo da Lagoa, Lamas Vello, Xil da Ribeira ou Silva da Posta. Menciñeiros é un espectáculo vivo, diferente en cada función, respectuoso co texto literario do que parte pero aberto as posibilidades de cada momento da representación e, tamén, cheo de música e baile.

FICHA ARTÍSTICA: FICHA TÉCNICA: REQUERIMENTOS TÉCNICOS:
Autor orixinal: Álvaro Cunqueiro
Adaptación: Lucho Penabade
Dirección: Lucho Penabade e Comba Campoy
Elenco: Pepe Penabade, Mini e Mero
Música: Mini e Mero
Espazo sonoro e Deseño de Iluminación: Xacobo Castro
Vestiario: María Chenut
Espazo escénico: Pepe Penabade
Deseño gráfico: Xosé Vizoso e Pancho Lapeña
Fotografía: Xoán G. Muras
Produción: Volta e Dálle Teatro
Distribución: Pepe Penabade
Comunicación: Ana Triñanes
- Boca: 8 m.
- Alto: 4,50 m.
- Fondo: 7 m.
- Potencia eleéctrica: 20.000 W (trifásica 380 v con neutro e toma de terra)
 (Posibilidade de adaptación a medidas máis reducidas)

 

Furga Garabela

SINOPSE

Espectáculo teatral para un só autor centrado na figura dos afiadores. Por primeira vez no teatro galego esta figura, tan universa e con tanto apego popular en Galiza, pasa a protagonizar unha peza teatral.

A produción de Furga garabela! comeza a finais de 2000 e estréase o 30 de marzo de 2001 no Teatro Principal de Ourense. Escrita e dirixida por X. H. Rivadulla Corcón e interpretada por Pepe Penabade, foi representada en máis de 40 ocasións en distintos lugares de Galiza, Asturias e Portugal.

En numerosas ocasións, os membros da compañía participaron en coloquios divulgativos sobre a figura, o oficio e a evolución dos afiadores. Ditas actividades, realizadas con carácter previo ás representacións, complementaron de xeito sumamente enriquecedor o labor cultural da compañía. E así, o 30 de marzo de 2002 presentouse o libro Furga Garabela!, publicado e distribuído pola editorial Sotelo Blanco, onde se recolle o texto do espectáculo, deseños de escenografía, figuriños, fotografías, un diccionario de Barallete (xiria dos afiadores), etc.

FICHA ARTÍSTICA
Autor: X. H. Rivadulla Corcón
Elenco: Pepe Penabade

Jalisia, mi madriña!

SINOPSE

‘Road movie’ peregrina e sentimental que conta en clave de comedia a historia dun rapaz do interior e dunha rapaza da capital que foxen dos seus lugares de orixe por motivos ben diversos. As súa vidas crúzanse e iso dá pé para facer un percorrido polos estereotipos políticos e sociais dun país, que tanto pode ser o noso coma calquera outro que se lle pareza.

En Jalisia, mi madriña! conviven pasianos do interior e xentes de cidade, adiviñas, funcionarios, emigrantes retornados, soñadores que devecen porque lles constrúan un polígono á beira do negocio, peregrinos en constante movemento, cronistas que contan o que saben e testemuñas que calan o que lles parece, políticos de pouca envergadura e ‘very important people’.

Jalisia, mi madriña! é unha crónica paralela duns tempos nos que os paxaros non tiñan gripe aviar pero andaban tinxidos de piche, o ambiente cheiraba á galipote, o son era un berro conxunto que non afogaba ata chegar á praza do Obradoiro e a imaxe coa que se abría, case sempre, o telexornal eran as bombas caendo sobre Bagdag como lumes de artificio. Jalisia, mi madriña! é unha mostra caricaturizada e universal na que non están todos os que son pero son todos os que están.

FICHA ARTÍSTICA: FICHA TÉCNICA: REQUERIMENTOS TÉCNICOS:
Autoría e Dirección: Nazaret López
Elenco: Pepe Penabade e Comba Campoy
Voces: Ana Castaño, Anxo Quintela, Benjamín López, Carlos Santiago, Cruz Fernández, Expo, Isa López, Isidro Cea, Laureano Vós, Lucho Penabade, Marisa Garea, Miguel de Lira, Monti Castiñeiras, Nicanor Gallego, Pepe Sendón, Rafael López, Teresa Cuíñas, Víctor Mosqueira e Wenceslao Lamas.
Colaboracións musicais: Javier María López, Rafael López, Ramón Bermejo, Susana & Wences, Suso Alonso, Xavier Olite, Juan Ramos, Manolo Conde.
Autor orixinal: Álvaro Cunqueiro
Adaptación: Lucho Penabade
Dirección: Lucho Penabade e Comba Campoy
Elenco: Pepe Penabade, Mini e Mero
Música:Mini e Mero
Espazo sonoro e Deseño de Iluminación: Xacobo Castro
Vestiario: María Chenut
Espazo escénico: Pepe Penabade
Deseño gráfico: Xosé Vizoso e Pancho Lapeña
Fotografía: Xoán G. Muras
Produción: Volta e Dálle Teatro
Distribución:Pepe Penabade
Comunicación: Ana Triñanes
- Boca: 8 m.
- Alto: 4,50 m.
- Fondo: 7 m.
- Potencia eleéctrica: 20.000 W (trifásica 380 v con neutro e toma de terra) (Posibilidade de adaptación a medidas máis reducidas)



CACAFUTI ES LO MAS