Pepe Penabade
A
súa
formación está
avalada por cursos
impartidos por John Write, Albert Boadella, Jango Edwards, Eric de
Bont, Ernesto Caballero, Toni Chic, Manuel Lourenzo, Elena Pimenta,
Corina Mestre e Guillermo Heras entre outros. Membro
fundador da compañía
Os
Quinquilláns
participa como
actor e escenógrafo nos
seguintes
espectáculos:
Os Irmandiños, As voces
do mar,
Tacatá, As viaxes fantásticas, Feira de lixos e
Danza
da meiga no campo da festa. Coa
compañía
Cia 002
participa no espectáculo
Zombis. Forma
parte do
elenco de
Pallasos, a última
producción da
compañía
Uvegá-Teatro. Participa
nas
curtametraxes
El día antes, Café e
Cidades Mente da
productora
Vídeo Dixital, nas series
Rías
Baixas, Pepe o Inglés,
Mareas Vivas, Pratos
Combinados, O
tesouro, A familia Pita, Man con man, Terra de Miranda e Un mundo de
historias da
Televisión de Galicia
e nas películas
Pataghorobí, Chapapote,
Un día bajo el
sol. No
ano 2000 funda a compañía
Volta e
Dálle
Teatro coa que leva a cabo os espectáculos
Furga
Garabela, Salitre e
Rodesindo da Barrosa. Foi
colaborador
como actor e especialista en cultura etnográfica
dos
programas
A Noite Encantada e Demasiado Corazón
da
Radio Galega. É
monitor de
teatro nos concellos
de Vedra e a Estrada.