Estamos de estrea!!!
O pan xa non se amasa na artesa senón en factorías deshumanizadas, nin vén do trigo mallado na eira, senón de fariñas industriais.
Estes cambios supoñen a transformación da nosa sociedade tradicionalmente agraria nunha globalizada.
A desaparición do labor da malla simboliza eses cambios e inspira as catro historias que conforman Pan.
Do mesmo xeito que as mallas xuntaban a toda a aldea, Pan é o resultado dun longo e complexo proceso de creación colectiva no que se implicou todo o equipo de Volta e Dálle.
Catro autores con diferentes concepcións teatrais, realizan as súas particulares interpretacións de cada paso que percorría o pan dende a leira á mesa.
Bo proveito!