Nazaret López
Xornalista e Licenciada en Psicoloxía, especialista en Arte Dramática (Pos-grao U.S.C). Dende o ano 1983 traballa en prensaEl Progreso, La Voz de Galicia, Vieiros- radioOndas Galicia, Radio Minuto, Cadena C.O.P.E, Cadena SER, Radio Galega e Cadena Noroeste- e televisión. Dirixe, guioniza e presenta os programas Panorama Verán, Día a día e O Fiadeiro para a Televisión Española en Galicia e Con música propia para A Televisión de Galicia. Asemade guioniza e presenta os programas Galicia para el mundo –T.V.E. en Galicia- e Galeguidade –T.V.G- e dirixe, escribe e presenta os programas de radio Demasiado Corazón e A Noite Encantada –Radio Galega- e Cidade Aberta –Cadena Noroeste-. No ámbeto do teatro, funda a compañía Alalá Produccións e participa no guión, a distribución e a produccción do espectáculo teatral A Viaxe de Lola (Premio ó Mellor espectáculo no Certame de Teatro “Pasarena” de Logroño) e na producción e a dirección do espectáculo Coma, gramática caníbal. Escribe Naceiros, relatos sobre afiadores para o libro do espectáculo Furga Garabela de Volta e Dálle Teatro e Adeus Bonita para a colección “Liñas para lelas” da editorial “Grándola Nova”. Crea Produccións Dedentro e distribue o espectáculo O Labirinto dos Soños. Colabora con Escaramuza, revista da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia. E membro da directiva de AGAG, Asociación de Guionistas de Galicia.Na actualidade imparte cursos de iniciación ao teatro nas casas de cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Escribe para os dous grupos de teatro Amador surxidos destas clases as pezas: “Unha estatua en Limbania” e “Precarios”.