Pepe Penabade
A súa formación está avalada por cursos impartidos por John Write, Albert Boadella, Jango Edwards, Eric de Bont, Ernesto Caballero, Toni Chic, Manuel Lourenzo, Elena Pimenta, Corina Mestre e Guillermo Heras entre outros. Membro fundador da compañía Os Quinquilláns participa como actor e escenógrafo nos seguintes espectáculos: Os Irmandiños, As voces do mar, Tacatá, As viaxes fantásticas, Feira de lixos e Danza da meiga no campo da festa. Coa compañía Cia 002 participa no espectáculo Zombis. Forma parte do elenco de Pallasos, a última producción da compañía Uvegá-Teatro. Participa nas curtametraxes El día antes, Café e Cidades Mente da productora Vídeo Dixital, nas series Rías Baixas, Pepe o Inglés, Mareas Vivas, Pratos Combinados, O tesouro, A familia Pita, Man con man, Terra de Miranda e Un mundo de historias da Televisión de Galicia e nas películas Pataghorobí, Chapapote, Un día bajo el sol. No ano 2000 funda a compañía Volta e Dálle Teatro coa que leva a cabo os espectáculos Furga Garabela, Salitre e Rodesindo da Barrosa. Foi colaborador como actor e especialista en cultura etnográfica dos programas A Noite Encantada e Demasiado Corazón da Radio Galega. É monitor de teatro nos concellos de Vedra e a Estrada.


Comba Campoy
Formación con mestres como Cristina Domínguez, Carlos Sante e Pablo Sánchez (San & San), Guillermo Heras, Corina Mestre, Néstor Muzo e Vicente Fuentes, entre outros.Interpreta o personaxe de Uxía Ferreira na serie Rías Baixas da Televisión de Galicia, emitida pola T.V.G. Protagoniza a película Días de Voda de Juan Pinzás, seguindo os preceptos do movemento Dogma´95. Participa na película Os Caníbais de Judas Diz. Participa nas curtametraxes Los reyes del columpio de Sepi e Tucho Bazarra e Ás doce con guión de Xoán Vilaxoán. Xornalista, ten colaborado coas revistas culturais Animal+L e Escaramuza, revista da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena, que na actualidade dirixe. Participa no espectáculo Salitre de Volta e Dalle Teatro. Coordina o proxecto de televisión comunitaria “Cabo do Mundo”, serie de ficción que se realiza cos veciños de Chantada, no marco dunha investigación da USC.