A Sementeira        (Texto e Dirección de Nazaret López)
En Manle, unha aldea próxima a Capital e illada por autoestradas, autovías e ferrocarrís, comezan as obras de construción do túnel do novo tren de alta velocidade. Os veciños asumen estes cambios ao seu xeito.

A Sega                  (Texto e Dirección: Carlos Santiago)
O cabaret autonómico abre as súas portas esta noite para presentar unha actuación estelar. A madama que rexenta este local ten unha língua coma un fouciño, disposta a segar alí onde sexa preciso, mediante unha combinación de humor e ironía que dá lugar a esa actitude nacional chamada retranca.

A Malla                  (Texto e Dirección: Lucho Penabade)
Na aldea da Seara non quedan máis animais ca os de plástico que constrúe o rapaz. Os tres vellos que viven alí bótanlle unha man para entreter o tempo. Un día reciben a visita sorpresa dunha rapaza da cidade que ven coñecer a casa na que naceron seus pais, antes de que a vendan.

O Pan                     (Texto e Dirección: X. H. Rivadulla Corcón)
O alimento máis universal é o pretexto poético para falar dos males do individuo na sociedade actual: a soidade, a perda dos valores da colectividade, a incomunicación...