SINOPSE:
Don Casto,
bispo do reino de Galiza e
o seu monaguillo Iscariote chegan á feira co seu
confesionario
andante, cantando a letanía, botando incenso e bendecindo
todo
canto hai na feira, para redimir os pecañentos.Pregoa don
Casto: A confesión
e o arrepentimento é o único xeito de estar en
paz con
Deus, os pecados queridos fillos ou se perdoan todos ou non se perdoa
ningún, ¡Non caledes ningún pecado por
moi minuta
que sexa!.Despois de
“aparcar” o
confesionario Don Casto e Iscariote collen do público aos
pecadores axeónllanos diante do confesionario e
interróganos
sobre a súa vida diaria chea de perversión e
luxuria.Dependendo
da gravidade dos pecados
será ou non necesaria a flaxelación (case sempre
é
imprescindible)Mentras don
Casto pregoa que para que
haxa arrepentimento ten que haber dorIscariote
executa a flaxelación,
consumada esta a confesión remata coa
absolución.Emprenden
camiño ó longo da feira vendendo reliquias e
exvotos
que levan no confesionario e adoutrinando aos fieles, vixiando o
tamaño dos escotes, o vestiario, o longo dos cabelos etc,etc.A
confesión repetirase cada
vez que teñan diante a un pecador ou pecadora