Jalisia mi madriña















SINOPSE
rodesindo

Rodesindo da Barrosa é un afiador que en pleno século XXI percorre os camiños e corredoiras de Galicia exercendo o seu oficio de afiador.Goberna todo tipo de aparellos, capa todo tipo de mamíferos, (de dúas ou de catro patas).
Afía coitelos, tesoiras,navallas amaña virgos e conciencias, cóllelles puntos as medias das mulleres, fai "piercings" con arame do carballiño do sete, e colócaos etc,etc,etc.
Rodesindo chega a vila onde se celebra a feira acompañado da súa roda de afiar, e no medio dunha praza,ou no cruce de varias rúas, axudado polo seu chifre de buxo, fai reclamo a tódolos veciños e feirantes para que lle leven todas as súas ferramentas de corte para afiar.
Mentres traballa, cóntalle ás xentes do lugar diferentes aventuras que lle aconteceron no seu deambular polo mundo. Coma o caso do penico do frade Franciscano de Betanzos, que como tiña pedras no ril, cada vez que mexaba nel deixábao cheo de buratos.
A filosofía de Rodesindo é: O cliente sempre ten que quedar contento, para isto él proba todos os aparellos que goberna funcionan correctamente antes de entregarllos ós clientes, mesmo inventou un comprobador de paraugas para saber se teñen goteiras. Explícalle a xente que o seu traballo non ten volta de folla, en galego, ós que non entenden fálalles en Barallete, a lingua dos afiadores.