SINOPSE
mar



            Nos anos oitenta, Marina, con vinte anos, ten que marchar á emigración cos seus pais. Na súa vila natal, unha vila mariñeira, deixa o amor: a Manuel, un xove mariñeiro da súa mesma idade. O día que parte, Marina vai á ribeira a recoller auga de mar nunha botella para levala como recordo do mundo que deixa. Vinte anos máis tarde, nunha maña en que Manuel se levanta para ir traballar, descubre asombrado e asustado que o mar desapareceu. Non hai mar, no seu lugar está o leito deserto. Isto significa que o mundo de Manuel, o traballo, o seu xeito de entender a vida, tamén desaparecen. Pero Manuel non se resiste e ponse a camiñar polo leito mariño coa esperanza de atopar o mar nalgures. Co que se atopa é cun monstro de ferro que foi quen devorou o mar e o destruíu. Manuel deberá enfrontarse ó monstro e ó que significa, e á Princesa Leuf, unha muller atractiva e seductora que pretende convencelo de que se esqueza do mar e cambie de vida. Pero Manuel quere o mar, desexa que todo volva ó tempo en que era mariñeiro. E a tristeza e a melancolía fan que se lembre de Marina, e decide ir buscala. Na casa de Marina descubre que ela aínda garda a botella con mar. Os dous regresan a súa vila e verten o contido da botella no leito baleiro do mar, e o mar renace e volve.